Páxinas de interese

Redes Sociais

luns, 2 de novembro de 2020

REFLEXIÓN: A MIÑA CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE

Durante a última sesión presencial virtual do posgrao en Orientación laboral do CIXUG, estivemos a falar con Carlos Parada das competencias dixitais para a orientación laboral aberta, e, mais en concreto, da nosa contorna persoal de aprendizaxe ou PLE (Personal Learnig Environment).

Poderíamos definila como o conxunto de elementos (ferramentas de coñecemento, fontes de información, conexións e actividades) que empregamos para a xestión do noso aprendizaxe persoal, polo que podemos afirmar que non se trata de algo invariable e/ou estático, senón que co paso do tempo, vai evolucionado e variando. Cando comezamos a empregar ferramentas novas no desenvolvemento da nosa actividade diaria, establecemos relacións que nos conectan con outros profesionais, xa que empezamos a telos como referencia estando ao tanto das súas mensaxes, construindo, case sen decatarnos, o noso PLE.

As tres partes principais do noso PLE serían as seguintes:

  • Ferramentas e estratexias de lectura das nosas fontes de coñecemento, ou dito doutro xeito, as fontes de información que a nós nos interesan e os mecanismos que empregamos para buscar e organizar esta información.
  • Ferramentas de reflexión: tras un proceso de síntese e organización, reconstruimos o coñecemento obtido e, poseriormente, publicamos estos novos contidos a través dos nosos perfís sociais, blogue....
  • Ferramentas e estratexias de relación, ou espazos que nos permiten desenvolver e compartir a nosa actividade.

Para pechar esta parte de exposición máis teórica, e aplicando outro dos conceptos tratados durante a sesión (curación de contidos), déixovos este vídeo de Linda Castañeda, referente nesta temática que nos ocupa e que resume á perfección o tratado ata o de agora:


Como xa indicamos, os coñecementos chégannos de moi diferentes formas. De feito, o uso de ferramentas para a xestión da información, é o que nos permite distinguir cal desa información é de relevancia para nós. E dentro dese inxente catálogo de ferramentas que existen para axudarnos con esta tarefa, decidímonos a probar feedly, lector de RSS que serve para organizar e acceder rápidamente a todas as noticias e actualizacións de blogues do noso interese. 

Resulta evidente que para comprobar a eficacia/eficiencia que unha ferramenta pode ter para nós, non hai outro camiño máis que probala e traballar con ela para, deste xeito, emitir unha valoración con criterio. Déixovos cun pantallazo do meu feedly recén creado:

Podemos concluír que a ferramenta resulta de utilidade principalmente por dúas cuestións: permite agrupar nun mismo espazo todas as fontes de información que consultamos a diario, toda vez que conseguimos planificar e xestionar de maneira eficaz o tempo que invertimos nesta tarefa. Pola contra, o principal inconvinte que podemos atopar, é que non todas as webs dispoñen de RSS, polo que hai que executar este traballo de selección de xeito "manual".

Do que non cabe dúbida, é que para emitir un xuizo con suficiente criterio, debemos seguir empregando a ferramenta durante un espazo de tempo máis prolongado, de xeito que poidamos constatar se responde ás nosas expectativas. Ben é sabido por todos que...Practica e saberás!

Para saber mais, un tutorial de feedly para novatos:


PLE: PERSONAL LEARNING ENVIRONMENT

 TOMAR CONCIENCIA DO MEU PLE PARA MELLORALO

Non era consciente ata o de agora que o cículo de ferramentas, recursos, actividades e información que xestiono para a miña aprendizaxe tiña un nome: contorna persoal de aprendizaxe, e sobre todo, ten que ver coa metaaprendizaxe (comoa aprendo) e o autocoñecemento. 

Na seguinte foto está exemplificado o meu propio PLE, onde clasifiquei as ferramenas e recursos según a súa intencionalidade: 

1º. Ás que me proporcionan aceso á información: Google, Literatura específica, Rede de Bibliotecas, Clube de lectura, Organismos públicos e privados, Centros de formación, Equipo de traballo 

2º. Ás que me serven para á reflexión e a integración de toda esa información: Paquete Office, Blogger, Canva, Padlet, Genially

3º. Ás que utilizo para compartir ás miñas opinións, reflexións e ideas: GDrive, GMail, Redes sociais, Blogger


Debuxo do meu PLE

O PLE cubre a miña necesidade de estar actualizada, de aprendizaxe continuo e non formal, tal vez con maior peso no meu entorno profesional, pero tamén inflúe na miña vida persoal (a educación do meu fillo tamén está moi relacionada coas novas tecnoloxías). Nesta infografía feita con Canva intento visualizar como o PLE fai que me reconfigure.

Actualizarse e reconfigurarse co PLE

Tomar conciencia do meu PLE favorece e mellora as miñas softs skills ou, penso que mal chamadas, habilidades blandas, como son: a adaptabilidade ás novas esixencias do meu posto de traballo, o pensamento crítico, xa que estou mellor informada, e a proactividade no meu entorno laboral.

Igualmente me fai consciente de como poder melloralo, aplicándolle unha pequena análise DAFO, onde as miñas fortalezas están no aceso á información, ás debilidades son as estratexias para compartir contidosna comunidade de internet, a ameaza pode ser perderme na rede (infoxicación) pero teño a oportunidade de aproveitar a formación que me ofrece o POLAB20 que curso actualmente.

Un exemplo deste aproveitamento é que na última clase do POLAB20, en concreto na do Profesor @carpaga, coñecimos unha estratexia, nova para min, chamada curación de contidos que me vai a servir para:
  • atopar mais información relacionada cos meus intereses
  • poder organizar mellor esta información por categorías
  • estar mais ao día das novas en menos tempo
  • compartir esta información a os meus grupos e alumnos/as
De todo esto poño un exemplo coa captura de pantalla do meu FEELY, como ferramenta de curación, na foto que aparece de seguida. Na esquerda aparecen algúns dos meus temas índice ou categorías como: Fontes oficiais, Formación, Organismos oficiais..., que é como o teño organizado, en cada un delas están gardados os enlaces as páxinas do meu interés nese tema, para votarlle unha ollada no momento escollido e seleccionar ou cribar a información importante, moitas veces facendo lectura en diagonal. 
Como esta hai outras ferramentas como é o POCKET, que tamén serven para facer curación de contidos.

Captura de pantalla da miña conta de Feedly