Páxinas de interese

Redes Sociais

mércores, 23 de setembro de 2020

A miña presentación profesional: Mar Rodríguez Alonso

 

Boas! Son Mar Rodríguez, cursei estudios na USC, concretamente a diplomatura en Educación Social. Pertenzo á 2ª promoción, así que como imaxinaredes.....xa fai uns aniños que rematei!. Dende entón, trato de actualizarme constantemente realizando formación complementaria para contar con ferramentas actualizadas para o desempeño do meu traballo diario. Isto foi o que me levou a matricularme no posgrao de Orientación Laboral.

Neste contexto, para realizar diferentes tarefas TIC, creei o meu avatar, máis ou menos a semellanza miña:

Aquí estou!    

Comecei a miña andadura profesional traballando no programa Mentor, de inserción sociolaboral  de rapaces maiores de 16 anos tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, con medidas xudiciais e/ou en conflicto social. Posteriormente pasei a traballar como informadora xuvenil no Concello de Celanova (Ourense), durante un período de 8 anos. A partir de 2012, volvín ó campo da orientación laboral, estando vinculada ata a actualidade ó Concello de Celanova con cargo á subvención IOBE. Tamén son responsable de impartir docencia nos módulos tranversais de orientación laboral e igualdade de xénero en obradoiros de emprego.

A continuación, déixovos o enlace a un video sobre selección de persoal da empresa Heineken (máis ben, unha estratexia de marketing, entendo). Xa ten uns aniños, pero gústame seguir empregándoa nas sesións de orientación laboral, sobre todo na parte motivacional:

 Para rematar, deixando xa de lado as cuestións profesionais, coméntovos que unha das miñas afeccións favoritas é a lectura. Son fiel seguidora de Isabel Allende, levo lido todos os seus libros varias veces, pero un dos que máis me gusta é "Inés del alma mía" (non en van, teño unha nena que leva ese nome). Déixovos o enlace para descargalo en pdf:

Inés del alma mía PDF

Un saúdo agarimoso para tod@s!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario