sábado, 10 de outubro de 2020

Orientación Laboral con Perspectiva de Xénero

O pasado tres de outubro, tivemos a oportunidade de asistir ó seminario web Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboral, da man de Margot Valcarce Fernández da que quitamos unha serie de conclusións que queremos compartir.

Na orixe da loita pola igualdade laboral entre homes e mulleres hai que facer énfasis en tres focos principais de acción:
  1. Visibilizar o xénero como estructura de poder
  2. Visibilizar o papel hexemónico do varón en todos os ámbitos
  3. Visibilizar as estructuras e mecanismos ideolóxicos que sosteñen a discriminación e a inclusión



Aínda representando á metade da poboación, as mulleres tiveron un papel invisible na Historia da Humanidade. Sufriron e seguimos sufrindo marxinación social e laboral e falta de recoñecemento público. Poñemos como exemplo a Olimpia de Gouges, autora da Declaración dos Dereitos da Muller (1971), que morreu dous anos despois por manterse firme ós seus ideais.

No caso da orientación laboral, adquire ademais unha función social moi relevante, pois se plantexa o desafío de fomentar a igualdade entre homes e mulleres en función das decisións que se desexen tomar dentro da carreira profesional, o que implica romper cos roles e estereotipos de xénero, antes, durante e despois da inserción laboral. 

Con respeto ao desenvolvemento da identidade profesional das mulleres, as diferenzas de xénero na elección de estudos e profesión, na aceptación do traballo e na promoción profesional, pode verse reforzada, neutralizada ou modificada coas actuacións das/os orientadoras/es laborais.

A realidade é que o emprego das mulleres é de peor calidade como consecuencia da concepción sesgada do seu rol na sociedade, aínda con concepcións herdadas do androcentrismo e do patriarcado. 



A perpectiva de xénero convírtese así nun instrumento de análise co que identificamos:

  • Os diferentes tipos de prexuicios e discriminacións presentes no mercado laboral, que impactan na inclusión das mulleres, como son a discriminación directa (cando as regulacións, leis e políticas exclúen explícitamente por opinión política, estado civil ou sexo), a discriminación indirecta (cando as normas e prácticas aparentemente neutrais teñen efectos negativos nun número desproporcionado de membros dun grupo con independencia de se cumpren ou non cos requerimentos do traballo), a discriminación vertical (poucas mulleres nos niveis xerárquicos superiores) e discriminación horizontal (feminización dalgúns sectores productivos). Neste sentido é interesante destacar o informe da Fundación BBVA sobre a inserción laboral dos universitarios.
  • Os sesgos sociais como por exemplo, que as mulleres producen menos, que supoñen maiores custos para as empresarias e os empresarios, que enferman con maior frecuencia porque son máis febles ou que non saben tomar decisións. 
  • Todo isto provoca que se lle outorgue maior valor a o traballo realizado polo homes, a existencia da división sexual do traballo ou a construción do xénero por parte das persoas traballadoras e empresarias e empresarios (Reskin & Padavic, 1994, p. 6 y ss.).

Diferenza de salario entre homes e mulleres
Imaxe 1
Fonte: Ideal

  • Aprendemos que para contribuír a mellorar a empregabilidade das mulleres en situación de vulnerabilidade, dende a nosa posición de orientadoras/es, debemos centrarnos en tres obxectivos:
    • Impulsar os aspectos persoais, enfatizando no empoderamento, motivación, autoestima, recoñecemento dos seus intereses e identificando as súas competencias.
    • Mellorar a cualificación proporcionando información sobre formación, asesoramento, acompañamento e apoio. 
    • Axudar a recoñecer os seus dereitos laborais.

  • En canto as actitudes dunha ou dun profesional da orientación laboral, destacamos as seguintes: 
    • Escoita activa.
    • Capacidade de observación.
    • Rexistro da información recollida. 
  • O patrón a seguir na orientación laboral recorre as seguintes áreas funcionais:

Representación das áreas funcionais: diagnóstico, concreción do IPI, acompañamento e preparación da persoa demandante de emprego
Imaxe 2
Elaboración propia a partir da presentación de Margot Valcarce

A continuación, poderás acceder o Wakelet onde se recollen todos os chíos relacionados con este seminario sobre Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboral.


xoves, 24 de setembro de 2020

A miña presentación: Rubén Lemos Figueiras

 Boas! Son Rubén

 Son de Vilagarcía de Arousa. Estudei Relacións Laborais e Recursos Humanos en Santiago e despois me mudei a Coruña por traballo, onde cursei un máster en Recursos Humanos e dirección de persoas.



Alí me din de conta de que xa me interesaba a orientación laboral dende xa fai tempo, e unha persoa deume a oportunidade de traballar con ela, atopando así un novo camiño.

Actualmente me atopo en prácticas en Fundación Equipo Humano

Un dos meus libros favoritos é "La Fundación"

(vala a redundancia)

Deixovos un pouquiño de música da boa!



mércores, 23 de setembro de 2020

A miña presentación profesional: Mar Rodríguez Alonso

 

Boas! Son Mar Rodríguez, cursei estudios na USC, concretamente a diplomatura en Educación Social. Pertenzo á 2ª promoción, así que como imaxinaredes.....xa fai uns aniños que rematei!. Dende entón, trato de actualizarme constantemente realizando formación complementaria para contar con ferramentas actualizadas para o desempeño do meu traballo diario. Isto foi o que me levou a matricularme no posgrao de Orientación Laboral.

Neste contexto, para realizar diferentes tarefas TIC, creei o meu avatar, máis ou menos a semellanza miña:

Aquí estou!    

Comecei a miña andadura profesional traballando no programa Mentor, de inserción sociolaboral  de rapaces maiores de 16 anos tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, con medidas xudiciais e/ou en conflicto social. Posteriormente pasei a traballar como informadora xuvenil no Concello de Celanova (Ourense), durante un período de 8 anos. A partir de 2012, volvín ó campo da orientación laboral, estando vinculada ata a actualidade ó Concello de Celanova con cargo á subvención IOBE. Tamén son responsable de impartir docencia nos módulos tranversais de orientación laboral e igualdade de xénero en obradoiros de emprego.

A continuación, déixovos o enlace a un video sobre selección de persoal da empresa Heineken (máis ben, unha estratexia de marketing, entendo). Xa ten uns aniños, pero gústame seguir empregándoa nas sesións de orientación laboral, sobre todo na parte motivacional:

 Para rematar, deixando xa de lado as cuestións profesionais, coméntovos que unha das miñas afeccións favoritas é a lectura. Son fiel seguidora de Isabel Allende, levo lido todos os seus libros varias veces, pero un dos que máis me gusta é "Inés del alma mía" (non en van, teño unha nena que leva ese nome). Déixovos o enlace para descargalo en pdf:

Inés del alma mía PDF

Un saúdo agarimoso para tod@s!

 

Mi presentación: Noelia Varela Suárez

Bienvenida o Bienvenido a mi primera entrada en este blog. Dado que me estoy iniciando en este mundo, voy a empezar presentándome.

Mi nombre es Noelia Varela Suárez, pero prefiero que me llamen Noe. Nací en Culleredo hace 25 años y desde pequeña siempre quise dedicarme a algo que implicara ayudar a las demás personas. Es por eso por lo que enfoqué mi educación en eso. Estudié el Grado en Educación Social en la Universidad de Santiago de Compostela, el Ciclo Superior en Integración Social en el CIFP Ánxel Casal – Monte Alto y el Certificado Profesional de Docencia de la Formación para el Empleo. Además, actualmente estoy cursando el Posgrado de Especialización en Orientación Laboral.

En cuanto a mi experiencia profesional, esta se centra principalmente en la función de Monitora de Ocio y Tiempo Libre. Pero posiblemente te estarás preguntando ¿Qué quiere hacer esta mujer en un futuro? Pues ahora lo explico. 

Las prácticas profesionales que realicé en las distintas formaciones siempre estuvieron ligadas al ámbito de la diversidad funcional o discapacidad, por lo que pude ver como se trabajaba con ellas y como se las orientaba laboralmente. Fue en eso momentos en los que supe con certeza que me gustaría trabajar en este ámbito por varios motivos:

  • Evitar el aislamiento tras la escolarización obligatoria.
  • Guiarlas en el proceso de construcción de su yo” profesional y en la adquisición de habilidades sociales.
  • Luchar contra las barreras de desigualdad, sobre todo cuando hablamos de mujeres con discapacidad, ya que sufren una doble discriminación.
  • Ofrecerles un servicio de calidad.

Para terminar este post, os dejo a continuación algunas otras píldoras informativas sobre mí:

  • Soy voluntaria y referente en varios programas en Cruz Roja.
  • Me gusta la música electrónica.

  • Me gusta leer, principalmente novela negra (estas son algunas de las que leí recientemente):

Después de toda esta parrafada, espero que sepas algo más de mí. Y como probablemente no me pongas cara, simplemente te diré que sí fuera un personaje de Snoopy, sería algo tal que así:


¡Gracias por leer el blog!

martes, 22 de setembro de 2020

A miña presentación: Sonia Prados

Chámome Sonia Prados Vázquez e nacín en Ferrol.

Actualmente traballo de preparadora laboral nos PFB-AFD comarca Ferrolterra e aquí xa levo 10 cursos académicos. 

 

Este é o meu avatar

Aínda que a miña formación académica está relacionada coa educación escolar, son mestra e psicopedagoga, a miña traxectoria profesional sempre estivo mais ligada á educación social, traballando con colectivos con dificultades dende a formación e o seguimento de diferentes programas educativos e de inserción laboral


Un xornal que leín nos tempos de confinamento foi: El Diario de la Educación
Agora vou ensinarvos unha das cancións mais divertidas que escoitei