Amosando publicacións coa etiqueta #acciónorientadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #acciónorientadora. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de outubro de 2020

REFLEXIÓNS SOBRE A INICIATIVA EMPRENDEDORA por @nogueira_cla

 Bo día, tomo prestada a palabra dentro de este blogue realizado pol@s compañeir@s do grupo 12 do #POLAB20.

Quérome centrar en achegarvos un pouco ao mundo do autoemprego e ao asesoramento no mesmo como parte integrante e tamén fundamental da orientación laboral. 

Dende o meu punto de vista, coido que é imprescindíbel facerlle ver a persoa que desexa emprender que o máis importante para levalo a cabo é ter unha idea clara, delimitada, coñecida e pola que esté disposta a asumir riscos. Ademáis, é fundamental que a súa única inquedanza para con o proxecto sexa o mesmo e non outras motivacións (como subvencións, falta doutras saídas laborais...).

A creatividade e a innovación é clave no éxito empresarial, tamén, a exploración dun mercado no que non se teña competencia. Como exemplo, póñovos o caso do Circo do Sol cuxo proxecto tivo e ten un gran éxito xa que creou un mercado ad hoc para o que non contaba con competidores, facéndose o referente. Estes atoparon a súa fórmula máxica ao conseguir que aqueles aos que non lles gustaba o circo acudisen a velo, é dicir, reinventáronse a fixeron algo diferente (eliminaron os animais e o humor grotesco e empregaron sofisticación e a riqueza intelectual do teatro). A estratexia que utilizaron coñécese como "océano azul". Achégovos un vídeo que conta a súa historia e transformación e que reflicte o que vos quero transmitir con estas verbas. 

 

Se queredes saber máis en canto a outras iniciativas que empregaron esta estratexia e que tiveron gran acollemento podedes consultar as webs, a modo de exemplo, de:

  • Ximnasios adicados só para mulleres: Curves.
  • Aspiradores de fogar creados a partir dun modelo empregado para a industria: Dyson. 
  • Creación do Ipad ou do Ipod, como novedades non existentes no mercado: Apple. 

Espero que vos parecera entretida a miña visión do mundo do emprendemento. Grazas por deixarme tomar parte do voso blogue, ata outra!

sábado, 10 de outubro de 2020

Orientación Laboral con Perspectiva de Xénero

O pasado tres de outubro, tivemos a oportunidade de asistir ó seminario web Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboral, da man de Margot Valcarce Fernández da que quitamos unha serie de conclusións que queremos compartir.

Na orixe da loita pola igualdade laboral entre homes e mulleres hai que facer énfasis en tres focos principais de acción:
  1. Visibilizar o xénero como estructura de poder
  2. Visibilizar o papel hexemónico do varón en todos os ámbitos
  3. Visibilizar as estructuras e mecanismos ideolóxicos que sosteñen a discriminación e a inclusión



Aínda representando á metade da poboación, as mulleres tiveron un papel invisible na Historia da Humanidade. Sufriron e seguimos sufrindo marxinación social e laboral e falta de recoñecemento público. Poñemos como exemplo a Olimpia de Gouges, autora da Declaración dos Dereitos da Muller (1971), que morreu dous anos despois por manterse firme ós seus ideais.

No caso da orientación laboral, adquire ademais unha función social moi relevante, pois se plantexa o desafío de fomentar a igualdade entre homes e mulleres en función das decisións que se desexen tomar dentro da carreira profesional, o que implica romper cos roles e estereotipos de xénero, antes, durante e despois da inserción laboral. 

Con respeto ao desenvolvemento da identidade profesional das mulleres, as diferenzas de xénero na elección de estudos e profesión, na aceptación do traballo e na promoción profesional, pode verse reforzada, neutralizada ou modificada coas actuacións das/os orientadoras/es laborais.

A realidade é que o emprego das mulleres é de peor calidade como consecuencia da concepción sesgada do seu rol na sociedade, aínda con concepcións herdadas do androcentrismo e do patriarcado. 



A perpectiva de xénero convírtese así nun instrumento de análise co que identificamos:

  • Os diferentes tipos de prexuicios e discriminacións presentes no mercado laboral, que impactan na inclusión das mulleres, como son a discriminación directa (cando as regulacións, leis e políticas exclúen explícitamente por opinión política, estado civil ou sexo), a discriminación indirecta (cando as normas e prácticas aparentemente neutrais teñen efectos negativos nun número desproporcionado de membros dun grupo con independencia de se cumpren ou non cos requerimentos do traballo), a discriminación vertical (poucas mulleres nos niveis xerárquicos superiores) e discriminación horizontal (feminización dalgúns sectores productivos). Neste sentido é interesante destacar o informe da Fundación BBVA sobre a inserción laboral dos universitarios.
  • Os sesgos sociais como por exemplo, que as mulleres producen menos, que supoñen maiores custos para as empresarias e os empresarios, que enferman con maior frecuencia porque son máis febles ou que non saben tomar decisións. 
  • Todo isto provoca que se lle outorgue maior valor a o traballo realizado polo homes, a existencia da división sexual do traballo ou a construción do xénero por parte das persoas traballadoras e empresarias e empresarios (Reskin & Padavic, 1994, p. 6 y ss.).

Diferenza de salario entre homes e mulleres
Imaxe 1
Fonte: Ideal

  • Aprendemos que para contribuír a mellorar a empregabilidade das mulleres en situación de vulnerabilidade, dende a nosa posición de orientadoras/es, debemos centrarnos en tres obxectivos:
    • Impulsar os aspectos persoais, enfatizando no empoderamento, motivación, autoestima, recoñecemento dos seus intereses e identificando as súas competencias.
    • Mellorar a cualificación proporcionando información sobre formación, asesoramento, acompañamento e apoio. 
    • Axudar a recoñecer os seus dereitos laborais.

  • En canto as actitudes dunha ou dun profesional da orientación laboral, destacamos as seguintes: 
    • Escoita activa.
    • Capacidade de observación.
    • Rexistro da información recollida. 
  • O patrón a seguir na orientación laboral recorre as seguintes áreas funcionais:

Representación das áreas funcionais: diagnóstico, concreción do IPI, acompañamento e preparación da persoa demandante de emprego
Imaxe 2
Elaboración propia a partir da presentación de Margot Valcarce

A continuación, poderás acceder o Wakelet onde se recollen todos os chíos relacionados con este seminario sobre Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboral.