sábado, 17 de outubro de 2020

REFLEXIÓNS SOBRE A INICIATIVA EMPRENDEDORA por @nogueira_cla

 Bo día, tomo prestada a palabra dentro de este blogue realizado pol@s compañeir@s do grupo 12 do #POLAB20.

Quérome centrar en achegarvos un pouco ao mundo do autoemprego e ao asesoramento no mesmo como parte integrante e tamén fundamental da orientación laboral. 

Dende o meu punto de vista, coido que é imprescindíbel facerlle ver a persoa que desexa emprender que o máis importante para levalo a cabo é ter unha idea clara, delimitada, coñecida e pola que esté disposta a asumir riscos. Ademáis, é fundamental que a súa única inquedanza para con o proxecto sexa o mesmo e non outras motivacións (como subvencións, falta doutras saídas laborais...).

A creatividade e a innovación é clave no éxito empresarial, tamén, a exploración dun mercado no que non se teña competencia. Como exemplo, póñovos o caso do Circo do Sol cuxo proxecto tivo e ten un gran éxito xa que creou un mercado ad hoc para o que non contaba con competidores, facéndose o referente. Estes atoparon a súa fórmula máxica ao conseguir que aqueles aos que non lles gustaba o circo acudisen a velo, é dicir, reinventáronse a fixeron algo diferente (eliminaron os animais e o humor grotesco e empregaron sofisticación e a riqueza intelectual do teatro). A estratexia que utilizaron coñécese como "océano azul". Achégovos un vídeo que conta a súa historia e transformación e que reflicte o que vos quero transmitir con estas verbas. 

 

Se queredes saber máis en canto a outras iniciativas que empregaron esta estratexia e que tiveron gran acollemento podedes consultar as webs, a modo de exemplo, de:

  • Ximnasios adicados só para mulleres: Curves.
  • Aspiradores de fogar creados a partir dun modelo empregado para a industria: Dyson
  • Creación do Ipad ou do Ipod, como novedades non existentes no mercado: Apple

Espero que vos parecera entretida a miña visión do mundo do emprendemento. Grazas por deixarme tomar parte do voso blogue, ata outra!

2 comentarios:

  1. Moi de acordo contigo, Clara. Ás veces emprender en mercados maduros non é un handicap, senón unha oportunidade, se aportas unha innovación de valor.
    Ser o primeiro está sobrevalorado, podemos aprender máis e mellor dos acertos e erros sendo os/as que van detrás.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, ainda que non sexas o primeiro se, como ben dis, introduces unha novidade poderás adiantar aos demáis.

      Eliminar