luns, 2 de novembro de 2020

REFLEXIÓN: A MIÑA CONTORNA PERSOAL DE APRENDIZAXE

Durante a última sesión presencial virtual do posgrao en Orientación laboral do CIXUG, estivemos a falar con Carlos Parada das competencias dixitais para a orientación laboral aberta, e, mais en concreto, da nosa contorna persoal de aprendizaxe ou PLE (Personal Learnig Environment).

Poderíamos definila como o conxunto de elementos (ferramentas de coñecemento, fontes de información, conexións e actividades) que empregamos para a xestión do noso aprendizaxe persoal, polo que podemos afirmar que non se trata de algo invariable e/ou estático, senón que co paso do tempo, vai evolucionado e variando. Cando comezamos a empregar ferramentas novas no desenvolvemento da nosa actividade diaria, establecemos relacións que nos conectan con outros profesionais, xa que empezamos a telos como referencia estando ao tanto das súas mensaxes, construindo, case sen decatarnos, o noso PLE.

As tres partes principais do noso PLE serían as seguintes:

  • Ferramentas e estratexias de lectura das nosas fontes de coñecemento, ou dito doutro xeito, as fontes de información que a nós nos interesan e os mecanismos que empregamos para buscar e organizar esta información.
  • Ferramentas de reflexión: tras un proceso de síntese e organización, reconstruimos o coñecemento obtido e, poseriormente, publicamos estos novos contidos a través dos nosos perfís sociais, blogue....
  • Ferramentas e estratexias de relación, ou espazos que nos permiten desenvolver e compartir a nosa actividade.

Para pechar esta parte de exposición máis teórica, e aplicando outro dos conceptos tratados durante a sesión (curación de contidos), déixovos este vídeo de Linda Castañeda, referente nesta temática que nos ocupa e que resume á perfección o tratado ata o de agora:


Como xa indicamos, os coñecementos chégannos de moi diferentes formas. De feito, o uso de ferramentas para a xestión da información, é o que nos permite distinguir cal desa información é de relevancia para nós. E dentro dese inxente catálogo de ferramentas que existen para axudarnos con esta tarefa, decidímonos a probar feedly, lector de RSS que serve para organizar e acceder rápidamente a todas as noticias e actualizacións de blogues do noso interese. 

Resulta evidente que para comprobar a eficacia/eficiencia que unha ferramenta pode ter para nós, non hai outro camiño máis que probala e traballar con ela para, deste xeito, emitir unha valoración con criterio. Déixovos cun pantallazo do meu feedly recén creado:

Podemos concluír que a ferramenta resulta de utilidade principalmente por dúas cuestións: permite agrupar nun mismo espazo todas as fontes de información que consultamos a diario, toda vez que conseguimos planificar e xestionar de maneira eficaz o tempo que invertimos nesta tarefa. Pola contra, o principal inconvinte que podemos atopar, é que non todas as webs dispoñen de RSS, polo que hai que executar este traballo de selección de xeito "manual".

Do que non cabe dúbida, é que para emitir un xuizo con suficiente criterio, debemos seguir empregando a ferramenta durante un espazo de tempo máis prolongado, de xeito que poidamos constatar se responde ás nosas expectativas. Ben é sabido por todos que...Practica e saberás!

Para saber mais, un tutorial de feedly para novatos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario