O pasado tres de outubro, tivemos a oportunidade de asistir ó seminario web Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboral, da man de Margot Valcarce Fernández da que quitamos unha serie de conclusións que queremos compartir.
- Visibilizar o xénero como estructura de poder
- Visibilizar o papel hexemónico do varón en todos os ámbitos
- Visibilizar as estructuras e mecanismos ideolóxicos que sosteñen a discriminación e a inclusión
No caso da orientación laboral, adquire ademais unha función social moi relevante, pois se plantexa o desafío de fomentar a igualdade entre homes e mulleres en función das decisións que se desexen tomar dentro da carreira profesional, o que implica romper cos roles e estereotipos de xénero, antes, durante e despois da inserción laboral.
Con respeto ao desenvolvemento da identidade profesional das mulleres, as diferenzas de xénero na elección de estudos e profesión, na aceptación do traballo e na promoción profesional, pode verse reforzada, neutralizada ou modificada coas actuacións das/os orientadoras/es laborais.
A realidade é que o emprego das mulleres é de peor calidade como consecuencia da concepción sesgada do seu rol na sociedade, aínda con concepcións herdadas do androcentrismo e do patriarcado.
A perpectiva de xénero convírtese así nun instrumento de análise co que identificamos:
- Os diferentes tipos de prexuicios e discriminacións presentes no mercado laboral, que impactan na inclusión das mulleres, como son a discriminación directa (cando as regulacións, leis e políticas exclúen explícitamente por opinión política, estado civil ou sexo), a discriminación indirecta (cando as normas e prácticas aparentemente neutrais teñen efectos negativos nun número desproporcionado de membros dun grupo con independencia de se cumpren ou non cos requerimentos do traballo), a discriminación vertical (poucas mulleres nos niveis xerárquicos superiores) e discriminación horizontal (feminización dalgúns sectores productivos). Neste sentido é interesante destacar o informe da Fundación BBVA sobre a inserción laboral dos universitarios.
- Os sesgos sociais como por exemplo, que as mulleres producen menos, que supoñen maiores custos para as empresarias e os empresarios, que enferman con maior frecuencia porque son máis febles ou que non saben tomar decisións.
- Todo isto provoca que se lle outorgue maior valor a o traballo realizado polo homes, a existencia da división sexual do traballo ou a construción do xénero por parte das persoas traballadoras e empresarias e empresarios (Reskin & Padavic, 1994, p. 6 y ss.).
![]() |
Imaxe 1 Fonte: Ideal |
- Aprendemos que para contribuír a mellorar a empregabilidade das mulleres en situación de vulnerabilidade, dende a nosa posición de orientadoras/es, debemos centrarnos en tres obxectivos:
- Impulsar os aspectos persoais, enfatizando no empoderamento, motivación, autoestima, recoñecemento dos seus intereses e identificando as súas competencias.
- Mellorar a cualificación proporcionando información sobre formación, asesoramento, acompañamento e apoio.
- Axudar a recoñecer os seus dereitos laborais.
- En canto as actitudes dunha ou dun profesional da orientación laboral, destacamos as seguintes:
- Escoita activa.
- Capacidade de observación.
- Rexistro da información recollida.
- O patrón a seguir na orientación laboral recorre as seguintes áreas funcionais:
Imaxe 2 Elaboración propia a partir da presentación de Margot Valcarce |
- Glosario de términos relacionados coa Transversalidade de Xénero.
- Olas do Feminismo.
- A división sexual do traballo.
SABER MÁIS:
A continuación, poderás acceder o Wakelet onde se recollen todos os chíos relacionados con este seminario sobre Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario